DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 5 de novembro de 2024 Páx. 58824

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 7 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello do Saviñao (expediente 2022/50-ATE).

O 13 de xuño de 2024, o Departamento Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública da instalación eléctrica denominada Regulamentación da LAMT CHA811 Saviñao 11 entre AP BKHS7FT8 e AP 161, no Saviñao.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello do Saviñao, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 25 marzo de 2024 e no Diario Oficial de Galicia do 2 de abril de 2024, para que comparezan o día 19 de decembro de 2024 no Concello do Saviñao, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria daráselles traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalarán día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello do Saviñao estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderán ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírtese a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito neste departamento territorial (rolda da Muralla 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE), e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 7 de outubro de 2024

O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria de Lugo

ANEXO

Nº predio

Titular proposto

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Actas

Concello

Día

Hora

3

Hros. Ramón Losada Gómez

132

354

Horta

Prado

O Saviñao

19.12.2024

12.30 h

5

Hros. Jose Gallardo Quiroga

132

356

Horta

Prado

O Saviñao

19.12.2024

11.00 h

6

Isaura Expósito Vázquez

132

348

Carrasqueiras

Prado

O Saviñao

19.12.2024

11.30 h

7

Hdros. Javier Iglesias Vázquez

132

349

Horta

Prado

O Saviñao

19.12.2024

12.00 h

10

Descoñecido

132

347

Carrasqueiras

Prado

O Saviñao

19.12.2024

12.30 h

11

Isaura Expósito Vázquez

132

662

Carrasqueiras

Prado

O Saviñao

19.12.2024

11.30 h

12

Isaura Expósito Vázquez

132

663

Carrasqueiras

Prado

O Saviñao

19.12.2024

11.30 h

15

María Esperanza Losada Méndez

132

646

Carrasqueiras

Carballeira

O Saviñao

19.12.2024

12.30 h

20

Hros. María Carmen López González

132

652

Carrasqueiras

Monte baixo

O Saviñao

19.12.2024

12.30 h

21

Hros. Mª Vázquez Otero

132

651

Carrasqueiras

Monte baixo

O Saviñao

19.12.2024

12.30 h

24

Descoñecido

132

701

Carrasqueiras

Monte baixo

O Saviñao

19.12.2024

12.30 h