Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.
Denominación: soterramento da LAT 20kV Tablicia no contorno do CT 9170 Areeiras.
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa).
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, P.I. As Gándaras, 27003 Lugo.
Características técnicas principais:
• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Tablicia dirección CT 6137 Piúgos, con orixe no apoio proxectado A52236 da LAT Tablicia tipo C-4500/14 e final no apoio existente 210786 da LAT Tablicia, cunha lonxitude de 120 metros en condutor LA-110 existente.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Tablicia derivación a CT 9170 Areeiras, con orixe no apoio A56681 existente da LAT Tablicia e final no CT 9170 Areeiras, cunha lonxitude de 85 metros en condutor HEPRZ1-400 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Tablicia entre CT 9170 Areeiras e apoio A52236 en dobre circuito, o circuíto un, con orixe no CT 9170 Areeiras e final no apoio proxectado A52236, cunha lonxitude de 495 metros en condutor HEPRZ1-240 mm, e o circuíto dous, con orixe no CT 9170 Areeiras e final nunha arqueta proxectada (punto C do plano 5.2 Obra eléctrica) para enlace coa LAT Tablicia dirección CT 6553 Cemiterio, cunha lonxitude de 480 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Desmontaxe de 65 metros de LAT 20 kV en LA-280, desmontaxe de 305 metros de LAT 20 kV dobre circuíto LA-110, desmontaxe de 20 metros de LAT 20 kV RHZ1-240 mm; desmóntanse tamén 2 apoios de formigón, un apoio metálico e o seccionador XS S37856.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con este acordo.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70), no prazo de trinta días contado desde o día seguinte ao da última publicación.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía deste Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no Concello de Lugo. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/lugo
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Lugo, 25 de outubro de 2024
O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria
