Expediente: IN407A 2024/44-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Instalación: instalación de novo CT, novo treito de LSMT e reordenación da LBT procedente do CT 15CPW6.
Concello: Valdoviño.
Feitos:
1. O día 5 de febreiro de 2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. O proxecto ten a finalidade de mellorar a calidade da subministración na zona.
Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:
• Proxecto de execución nomeado: instalación de novo CT, novo treito de LSMT e reordenación da LBT procedente do CT 15CPW6, asinado con data do 23 de novembro de 2023 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico e nº colexiado LE-1010.
• Anexo 1, asinado por Javier Fernández Pazos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico e nº colexiado 502 de Ourense.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo de data do 13 de xuño de 2024, publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• Diario Oficial de Galicia: 16 de xullo de 2024, co número 137.
• Boletín Oficial da provincia: 19 de xuño de 2024, co número 118.
• Xornal La Voz de Galicia: 19 de xullo de 2024.
• Taboleiro de anuncios do Concello: segundo o certificado municipal do alcalde do Concello de Valdoviño con data do 26 de xullo de 2024.
3. Durante o período no que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte na que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica corrrespondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)-Dirección Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Coruña e ao Concello de Valdoviño. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado establecido polo organismo afectado, a saber, AXI. No día desta resolución, non consta no expediente resposta do organismo afectado, é dicir, o Concello, á emisión do informe e ao condicionado solicitado.
5. O día 11 de setembro de 2024 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 22, do 1 de febreiro) e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG número 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE número 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE número 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE número 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE número 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE número 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE número 224, do 18 de setembro).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE número 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE número 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE número 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse na parroquia de Pantín, no concello de Valdoviño.
• Liña eléctrica de media tensión subterránea, alimentada pola CDR-803 a 20 kV, cunha lonxitude de 194 m, coa orixe e final en empalmes proxectados que se van realizar na CDR-803, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 1x240 mm2 Al, despois de facer entrada e saída no centro de transformación proxectado.
• Novo centro de transformación prefabricado, telecontrolado, compacto manobra exterior, alimentado pola CDR-803, celas tipo compactas configuración 2L+1 con corte SF6, transformador cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400 V.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e ás certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e da posta a punto.
Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse un recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 14 de outubro de 2024
O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio; DOG núm. 101, do 27 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/44-1
Instalación de novo CT, novo treito de LSMT e reordenación da LBT procedente do CT 15CPW6
Relación de bens e dereitos afectados-Concello de Valdoviño
|
Predio do proxecto |
Persoa |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección de solo pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
Natureza do terreo |
||||
|
Apoio núm. |
Superficie (m2) |
ml. aér. |
ml. sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
|||||
|
1 |
Descoñecida/o |
15088A046013380000HY |
Redondo |
Centro de transformación e acceso |
31,9 |
Rústico. Agrario. Labradío. |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.
