DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 5 de novembro de 2024 Páx. 58835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de ampliación de potencia CTI Portela e substitución de apoio.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada ampliación de potencia CTI Portela e substitución de apoio, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Os interesados poderán presentar no prazo de vinte (20) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concreten o valor da indemnización que consideren que lles corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 21 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/168-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: ampliación de potencia CTI Portela e substitución de apoio.

Concello: As Neves.

Predio

Referencia catastral

Titular

1

36034A123001610000WW

Descoñecido

2

36034A123001470000WX

Descoñecido