A Real Academia Galega de Belas Artes anuncia a provisión dunha vacante de académica/o de número na Sección de Expertos nas Artes. Para ocupar esta praza será elixida unha persoa que dese a coñecer os seus méritos artísticos, científicos e culturais.
As persoas que polas súas actividades a prol da arte se consideren en posesión das condicións exixidas para aspirar a esta praza deberán acreditar os seus méritos mediante presentación do seu respectivo curriculum vitae, e terán que ser propostas por tres académicos de número, dentro do prazo de trinta días naturais a partir da publicación deste anuncio.
Domicilio da Real Academia Galega de Belas Artes: praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1, 15001 A Coruña.
A Coruña, 17 de setembro de 2024
Manuel Quintana Martelo
Presidente da Real Academia Galega
de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario
