En cumprimento do establecido no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público; no artigo 48.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no 5 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección do persoal funcionario da Administración local; no 20 da Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022, e no 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, faise público o Decreto do alcalde 1020/2024, do 11 de outubro, polo que se corrixen os erros detectados no Decreto 753/2024, do 9 de agosto, polo que se aprobou a modificación 1 da oferta de emprego público extraordinaria do ano 2022 para a estabilización do emprego temporal:
«Antecedentes administrativos.
Primeiro. Mediante Decreto do alcalde 753/2024, do 9 de agosto, aprobouse a modificación número 1 da oferta de emprego público extraordinaria para o ano 2022 para procesos de estabilización do emprego temporal coa inclusión de 21 prazas, a maiores das xa incluídas na oferta extraordinaria aprobada polo Decreto do alcalde 330/2022, do 19 de maio (corrección de erros mediante o Decreto 600/2022, do 8 de setembro), por consideralas de natureza estrutural e estar ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente cando menos nos 3 anos anteriores ao 31 de decembro de 2020.
Segundo. Esta modificación 1 foi publicada no taboleiro electrónico e no da casa do Concello e no Boletín Oficial da provincia da Coruña, número 159, o 20 de agosto do 2024, e no Diario Oficial de Galicia número 172 o 6 de setembro de 2024.
Terceiro. Con posterioridade detéctanse os seguintes erros na identificación do grupo de catro prazas de persoal laboral fixo, concretamente:
• Na praza número 16 de psicóloga do Centro de Información á Muller e apoio aos servizos sociais, dado que o grupo non é A2 (reservado a persoal funcionario), senón o seu equivalente para o persoal laboral: o II.
• Na praza número 17 de dirección e asesoría xurídica do Centro de Información á Muller, dado que o grupo non é A1 (reservado a persoal funcionario), senón o seu equivalente para o persoal laboral: o I.
• Na praza número 18 de técnico/a de informático/a responsable da Aula de Informática e do Centro de Modernización e Inclusión Tecnolóxica, dado que o grupo non é B (reservado a persoal funcionario), senón o seu equivalente para o persoal laboral: o X.
• Na praza número 19 de auxiliar de enfermaría de centro de saúde, dado que o grupo non é C1 (reservado a persoal funcionario), senón o seu equivalente para o persoal laboral: o III.
Cuarto. Detéctase tamén un erro na identificación da xornada da praza número 20 de persoal laboral fixo denominada «limpador/a de centro de saúde», dado que non é a tempo completo senón de 20 horas á semana.
Fundamentos de dereito.
Primeiro. Considerando que o artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recolle que «As administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos».
Segundo. Considerando que o artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LBRL), atribúelle ao alcalde a competencia para a aprobación da oferta de emprego público de acordo co orzamento e o cadro de persoal aprobados polo Pleno.
RESOLVO:
Primeiro. Corrixir o punto primeiro do Decreto do alcalde 753/2024, do 9 de agosto, polo que se aproba a modificación 1 da oferta de emprego público extraordinaria de 2022 para procesos de estabilización do emprego temporal, como consecuencia dos erros detectados nas prazas de persoal laboral fixo números 16, 17, 18, 19 e 20, de tal modo que onde di:
|
«Persoal laboral fixo |
|
Núm. |
Denominación |
Grupo |
Xornada |
Ocupada temporal e ininterrumpidamente desde |
Procedemento de acceso |
|
16 |
Psicóloga do Centro de Información á Muller e apoio aos servizos sociais |
A2 |
Parcial |
12.7.2001 |
Concurso |
|
17 |
Dirección e asesoría xurídica do Centro de Información á Muller |
A1 |
Parcial |
15.3.2016 |
Concurso-oposición |
|
18 |
Técnica informática responsable da Aula de Informática e do Centro de Modernización e Inclusión Tecnolóxica |
B |
Completa |
5.9.2002 |
Concurso |
|
19 |
Auxiliar de enfermaría do centro de saúde |
C1 |
Completa |
14.1.2000 |
Concurso |
|
20 |
Limpador/a de centro de saúde |
V |
Completa |
3.8.2000 |
Concurso» |
Debe dicir:
|
«Persoal laboral fixo |
|
Núm. |
Denominación |
Grupo |
Xornada |
Ocupada temporal e ininterrompidamente desde |
Procedemento de acceso |
|
16 |
Psicólogo/a do Centro de Información á Muller e apoio aos servizos sociais |
II |
Parcial |
12.7.2001 |
Concurso |
|
17 |
Dirección e asesoría xurídica do Centro de Información á Muller |
I |
Parcial |
15.3.2016 |
Concurso-oposición |
|
18 |
Técnico/a informática responsable da Aula de Informática e do Centro de Modernización e Inclusión Tecnolóxica |
X |
Completa |
5.9.2002 |
Concurso |
|
19 |
Auxiliar de enfermaría de centro de saúde |
III |
Completa |
14.1.2000 |
Concurso |
|
20 |
Limpador/a de centro de saúde |
V |
Parcial |
3.8.2000 |
Concurso» |
Terceiro. Facer pública a presente resolución mediante a publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro electrónico e no taboleiro da casa do Concello e comunicala á Administración do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia.
Cuarto. Dar traslado da presente resolución á Intervención municipal e aos representantes do persoal funcionario e laboral do Concello de Padrón.
Quinto. Notificarlles a presente resolución a todas as persoas interesadas, coa indicación de que pon fin á vía administrativa e de que contra ela se poderá interpor:
– Potestativamente, o recurso de reposición, no prazo máximo dun mes desde o día de recepción da notificación da presente resolución, ante o mesmo órgano que ditou o acto impugnado.
– Con posterioridade á resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, ou ben se poderá interpor, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día de recepción da notificación da presente resolución.
– O recurso extraordinario de revisión, segundo o previsto no artigo 113 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou calquera outro que considere procedente.
Padrón, 13 de outubro de 2024
Anxo Rei Arca
Alcalde
