DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 5 de novembro de 2024 Páx. 58865

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun aparcadoiro disuasorio integrado en solo rústico.

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria que tivo lugar o 1 de agosto de 2024, aprobou inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun aparcadoiro disuasorio integrado en solo rústico redactado por Óscar López Alba en colaboración con Iván López Fernández, arquitecto e arquitecto técnico respectivamente.

En cumprimento do disposto no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, acordouse someter o presente plan a información pública durante dous (2) meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos periódicos de maior difusión na provincia. Así mesmo, notificarase individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Durante o período de información pública recadaranse das administracións públicas competentes os informes sectoriais e consultas que resulten preceptivos.

A Cañiza, 7 de agosto de 2024

Luis A. Gómez Piña
Alcalde