DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 6 de novembro de 2024 Páx. 58907

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, pola que se anuncia a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza da Asociación Oficina Central de Servizo Área 1 (Alcohólicos Anónimos).

De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018 pola que se regula a composición e o réxime xurídico de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, anúnciase a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza da seguinte asociación: Asociación Oficina Central de Servizo Área 1 (Alcohólicos Anónimos).

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2024

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza