DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 6 de novembro de 2024 Páx. 58906

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2024 pola que se dá publicidade á resolución de concesión do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

Por Resolución do 11 de xuño de 2024 (DOG núm. 120, do 21 de xuño), publicáronse as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial e procedeuse á súa convocatoria para o exercicio 2024 en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 13.2 que a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución definitiva, de data 10 de outubro de 2024, de concesión do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización, no enderezo https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual (epígrafe «Consulta de resolucións definitivas» https://www.igape.gal/gl/resolucions-definitivas). O texto completo da resolución non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. A Resolución do 10 de outubro de 2024 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2024

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica