DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 6 de novembro de 2024 Páx. 58887

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 28 de outubro de 2024 pola que se dispón o nomeamento dunha vogal do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

A Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, establece no seu artigo 7 o carácter e constitución do seu Consello de Administración, e o artigo 4.1 do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, do seu regulamento, que a consellería competente en materia de pesca designará catro vogais, entre o persoal ao servizo da Administración autonómica, que deberá ser persoal funcionario ou persoal laboral fixo.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O nomeamento de María Rosa Chapela Pérez como vogal do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2024

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar