Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT CBD804 e substitución CT Cores, no concello de Vilanova de Arousa, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 23 de outubro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/117-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT CBD804 e substitución CT Cores.
Concello: Vilanova de Arousa.
|
Pedio |
Referencia catastral |
Titular |
Depósito prezo xusto |
|
1 |
36061A023000890000LS |
Manuel Dios Rodríguez e María Emilia Dios Besada |
2024/54/450 |
