Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio notifícase á persoa sinalada no cadro anexo a resolución desta dirección territorial, do 11 de setembro de 2024, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Instalación de telecontrol na LMT SIG808 en ABLI5COC//18-2, no concello de Trazo (expediente IN407A 2023/401-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días a partir da publicación deste anuncio para solicitaren a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 18 de outubro de 2024
O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio; DOG número 101, do 27 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Trazo.
Instalación de telecontrol na LMT SIG-808-apoio ABLI5COC//18-2.
|
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio |
LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
|
CT/nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
María Hortensia Ríos Lemos |
15087A501002730000AI |
Braña Grande |
Novo apoio nº 18-1 |
2 |
Rústico. Agrario. Prados ou praderías |
||
