DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 6 de novembro de 2024 Páx. 58934

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2024 pola que se nomea profesorado do corpo docente universitario de profesoras e profesores titulares de universidade.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante Resolución desta universidade de data 26 de xuño de 2024 (BOE do 2 de xullo), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria,

Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolve efectuar o nomeamento das persoas que se relacionan no anexo.

Os citados nomeamentos producirán efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo, as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número do concurso

Nome

Apelidos

DNI

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código
praza

18T/24

Enrique

Comesaña Figueroa

***1304**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Electrónica

Electrónica e Computación

Lugo

C02026

19T/24

Daniel

Cao Labora

***3198**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Análise Matemática

Estatística, Análises Matemática e Optimización

Santiago de Compostela

C02027

29T/24

Lucrezia

López

***4537**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Análise Xeográfica Rexional

Xeografía

Santiago de Compostela

C02037

30T/24

Mª de los Ángeles

Piñeiro Antelo

***8551**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Análise Xeográfica Rexional

Xeografía

Santiago de Compostela

C02038

31T/24

Jesús Horacio

García García

***4800**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Xeografía Física

Xeografía

Santiago de Compostela

C02039