DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 6 de novembro de 2024 Páx. 58932

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2024 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade electrónica, do grupo III, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 3 de xuño de 2024 (DOG do 12 de xuño e BOE do 18 de xuño) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade electrónica, del grupo III, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 10 de xullo de 2024 (DOG do 24 de xullo) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado este prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

resolvo:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 17 de xaneiro de 2025, ás 10.00 horas, na aula de conferencias do Edificio Cactus (Campus de Lugo, s/n, 27002, Lugo). Non se realizará o primeiro exercicio dado que todas as persoas aspirantes acreditan o coñecemento de galego.

A publicación dos anuncios de realización dos vindeiros exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web mencionada no punto segundo, así coma en calquera outro lugar que considere oportuno.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o devandito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela