DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 6 de novembro de 2024 Páx. 59087

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza vacante de persoal laboral fixo incluída na oferta de emprego público do ano 2023 (limpador/a).

As bases xerais que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 50, do 13 de marzo de 2015, e as súas rectificacións nos BOPPO núm. 77, do 22 de abril de 2016; núm. 25, do 8 de febreiro de 2021, e núm. 152, do 10 de agosto de 2022, e as bases específicas da seguinte praza publicáronse integramente no BOPPO núm. 205, do 21 de outubro de 2024:

Persoal laboral fixo:

– Unha praza de limpador/a, a tempo completo, equiparada a outras agrupacións profesionais sen requisito de titulación da función pública (disposición adicional sexta do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público), categoría de operario/a, polo sistema de oposición, quenda libre.

Redondela, 24 de outubro de 2024

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa