No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 299, do 31 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que deben rexer a convocatoria para a provisión das seguintes prazas pola quenda de estabilización:
– 1 praza de alguacil-porteiro polo sistema de concurso.
– 4 prazas de auxiliares de axuda no fogar polo sistema de concurso.
– 1 praza de auxiliar de axuda no fogar polo sistema de concurso-oposición.
– 3 prazas de coidadoras de vivendas comunitarias polo sistema de concurso.
– 1 praza de coidadora de vivendas comunitarias polo sistema de concurso-oposición.
– 1 praza de condutor-tractorista polo sistema de concurso.
– 2 prazas de peón polo sistema de concurso.
As ditas bases foron rectificadas nos termos publicados nos BOP núm. 112, do 18 de maio de 2023, BOP núm. 29, do 4 de febreiro de 2023, e BOP núm. 131, do 7 de xuño de 2024.
O prazo de presentación será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios e comunicación que se deriven da realización deste proceso selectivo, publicaranse a través da sede electrónica do Concello de Samos.
Samos, 15 de outubro de 2024
María Jesús López López
Alcaldesa
