DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 6 de novembro de 2024 Páx. 59089

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible efectuar a comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa, co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezarán a contar o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procederán á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio do taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de San Cibrao das Viñas (Área de Medio Ambiente), situadas na praza da Constitución, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Nº de expediente

Referencia catastral

Localización

Interesado/a

1711/2024

32076A037006100000UQ

A Lameira-Ponte Noalla

Concepción Cid Estévez

1727/2024

32076A036001670000UX

Carballo-Ponte Noalla

En investigación

1727/2024

32076A036001500000UA

Carballo-Ponte Noalla

Miro García Varela

1732/2024

32076A501052370000YQ

Cubela-Pazos de Soutopenedo

En investigación

San Cibrao das Viñas, 15 de outubro de 2024

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa