En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de legalización de obras:
Solicitante: Concello de Xove.
NIF: P2702500F.
Expediente: DH.W27.93146.
Lugar: Ancil.
Parroquia: Lago.
Concello: Xove.
Descrición das actuacións:
As obras solicitadas consisten nas actuacións para a adecuación da Área Cabalar de Ancil, consistentes na demolición de construción, movementos de terras e pechamento, na parcela con referencia catastral 27025A026001850000JW, na zona de policía do río Guilán.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rolda da Muralla, núm. 70, 2º, 27071 Lugo, con cita previa no teléfono 982 29 44 14.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 1 de outubro de 2024
Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña
