DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 6 de novembro de 2024 Páx. 59061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de outubro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.02087, outorgada o 17 de outubro de 2023, no concello de Vilaboa (expediente DH.A36.97095).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Postemirón.

Expediente: DH.A36.97095.

Volume total anual: 7.830,90 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,07 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: sete (7) mananciais M1 a M7.

M1 a M4 na parcela 39, polígono 20.

M5 e M6 na parcela 22, polígono 19.

M7 na parcela 20, polígono 20.

Todas do catastro de Vilaboa.

Lugar: Postemirón.

Parroquia: Vilaboa.

Concello: Vilaboa.

Descrición:

A auga das captacións condúcese a depósito na parcela 5, polígono 20, desde o que se distribúe ás vivendas que abastece a Comunidade no lugar de Postemirón. Preténdese construír un novo depósito de 77,4 m3 anexo ao actual.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 4 de outubro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur