En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Víctor Domínguez Pombo.
DNI: ***8445**.
Expediente: DH.A15.103030.
Volume total anual: 6.240 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,42 l/s.
Destino: rega.
Orixe: x=539.977,77; y=4.745.924,02; (fuso29 ETRS89).
x=539.970,90; y=4.745.923,35; (fuso29 ETRS89).
Lugar: A Agra da Horta.
Parroquia: Aríns (San Martiño).
Concello: Santiago de Compostela.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de auga de dous mananciais, situados na parcela de R.C. 001101600NH44E0001BH, discorrendo a auga mediante tubaxe de 120 mm de diámetro ata unha balsa de acumulación, da que parte unha tubaxe de 50 mm de diámetro, que conduce a auga ata a parcela de R.C. 001600100NH44E0001YH para o seu rego.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, núm. 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
