DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 6 de novembro de 2024 Páx. 59065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 25 de outubro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública o expediente de extinción dunha concesión de augas no concello de Neda (expediente E-63/231-C).

Por medio deste anuncio sométese a información pública, en virtude do establecido no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, a extinción do expediente da concesión de augas, inscrita o 6.3.1965, do río Belelle para accionamento dun muíño fariñeiro (Muíño do Tinglado) e rega, no concello de Neda.

As características da concesión son as seguintes:

Titular: Gumersindo Primoy Fernández.

Captación:

– Nome da corrente: río Belelle.

– Punto de toma: X:568922 e Y:4817245 (ERTS-89 fuso 29).

(Represa e inicio da canle de derivación na marxe dereita).

Réxime do aproveitamento:

– Caudal: 830,35 l/s (800 l/sg para forza motriz e 0,35 l/sg para rega).

Destino das augas: forza motriz para accionamento de muíño fariñeiro (Tinglado 000400900NJ61F) e rega das parcelas denominadas Moas Grande e Pequena.

Lugar: Santa María de Neda.

Concello e provincia da toma: Neda (A Coruña).

Augas de Galicia iniciou este expediente por solicitude do actual propietario do muíño, Pablo Carreiras Otero.

A resolución do título concesional e o plano indicativo poden consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e o expediente obxecto de extinción pode consultarse nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, 15008 A Coruña; para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.

O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo de dez (10) días hábiles, por tratarse dun procedemento ao que se lle aplica a tramitación de urxencia, a partir do seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia, durante o que poderá comparecer por escrito ante o organismo de bacía calquera persoa que poida resultar afectada pola extinción do dereito e manifestar neste escrito canto considere conveniente.

A Coruña, 25 de outubro de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte