Por medio do presente anuncio sométese a información pública, en virtude do establecido no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, a extinción do expediente da concesión de augas, inscrita o 18 de febreiro de 1965, do río Belelle para accionamento dun muíño fariñeiro, no concello de Neda.
As características da concesión son as seguintes:
Titular: Antonio Lago Falcón.
Captación:
– Nome da corrente: río Belelle.
– Punto de toma: X:568922 e Y:4817245 (ERTS-89 fuso 29).
(Represa e inicio da canle de derivación na marxe esquerda).
Réxime do aproveitamento:
– Caudal: 800 l/sg.
Destino das augas: forza motriz para accionamento dun muíño fariñeiro (Lesta 000500100NJ61F).
Lugar: Santa María de Neda.
Concello e provincia da toma: Neda (A Coruña).
Augas de Galicia iniciou o presente expediente de oficio por caducidade da concesión, xa que levaba máis de 3 anos consecutivos sen explotación. Na actualidade figura como titular dos terreos Nina Haase, sen que conste que instase o cambio de titularidade da concesión.
A resolución do título de concesión e o plano indicativo poden consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e o expediente obxecto de extinción pode consultarse nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, 15008 A Coruña; para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo de dez (10) días hábiles, por tratarse dun procedemento ao que se lle aplica a tramitación de urxencia, a partir do seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia, durante o que poderá comparecer por escrito ante o organismo de bacía calquera persoa que poida resultar afectada pola extinción do dereito e manifestar neste escrito canto considere conveniente.
A Coruña, 25 de outubro de 2024
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
