IV. Oposicións e concursos
Augas de Galicia
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 24 de outubro de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría IV do grupo I, xefe de sección; na categoría I do grupo II, enxeñeiro/a técnico/a informático/a e na categoría III do grupo IV, auxiliar administrativo/a, convocado polo Anuncio do 21 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
Detectado un erro no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 212, do 4 de novembro de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 58588, no pé de sinatura, onde di:
«Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2024
Roberto Arias Sánchez
Presidente de Augas de Galicia»
Debe dicir:
«Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2024
Roberto Arias Sánchez
Presidente do tribunal»