DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 6 de novembro de 2024 Páx. 58927

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2024 pola que se aproba a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría titulado/a superior, do cadro de persoal, convocado pola Resolución do 23 de setembro de 2024.

Mediante a Resolución do 23 de setembro de 2024, o director do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) convocou o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría titulado/a superior do cadro de persoal do consorcio ACSUG; de conformidade co establecido no Decreto 143/2023, do 9 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 (DOG número 214, do 10 de novembro).

A base I.4.1 da convocatoria establece que, unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección de ACSUG aprobará as listas provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade, e das causas das exclusións que procedan.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar e publicar a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas.

DNI

Nome

Solicitude

Celga 4

***9511**

Sierra Sánchez, María Dolores

Admitida

Si

Segundo. As persoas aspirantes que non acreditasen estar en posesión do título Celga 4, ou título equivalente homologado, deberán superar dúas probas sobre o coñecemento da lingua galega nos termos establecidos na base II da convocatoria. Non obstante, e de conformidade co indicado na citada base II, estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten que posuían, o día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG número 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG número 34, do 19 de febreiro).

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren na lista, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen reclamar ou emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou, se é o caso, para acreditaren estar en posesión do título Celga 4, ou título equivalente homologado.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2024

José Eduardo López Pereira
Director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia