A Comisión de Selección, na reunión do 5 de novembro 2024, acordou aprobar a baremación definitiva do concurso e publicar as puntuacións resultantes correspondentes ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso nos grupos I categoría 4; grupo II, categoría 7, e grupo III, categoría 2, de persoal laboral fixo da Axencia Galega de Innovación (Resolución do 20 de decembro de 2022; DOG número 248, do 30 de decembro) no portal web corporativo da Axencia Galega de Innovación 2022-Axencia Galega de Innovación (xunta.gal), onde poderá consultarse.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2024
Jose María Pita Ponte
Presidente da Comisión de Selección
