De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que as notificacións fosen devoltas polo servizo de Correos, por resultaren descoñecidas as persoas destinatarias, ou porque, intentadas dúas veces, non se puideron efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse nun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede deste departamento territorial, sita na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto da publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.
Pontevedra, 24 de outubro de 2024
Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
Acto adoptado |
|
PO-RES-2024-067 |
Alfonso Rubio Cordón e María Nélida Cid Guede |
Proposta |
Pola instrutora |
|
PO-RES-2024-109 |
Florín Alexandru Radu |
Proposta |
Pola instrutora |
|
PO-RES-2024-111 |
Adrián Tufán e Mirela Baearam |
Proposta |
Pola instrutora |
