Expediente: IN407A 2023/301-1.
Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: LMT, CTI e RBT Seixas e ampliación potencia CT Piñeiros (15ATY0).
Concello: Malpica de Bergantiños.
Feitos:
1. O día 14 de xuño de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de mellorar a calidade da subministración no lugar de Seixas, concello de Malpica de Bergantiños, proxéctase a repotenciación do centro de transformación de intemperie existente CT Piñeiros (15ATY0, IN407A 2002/288-1) de 50 kVA de potencia, instalando un novo transformador de 100 kVA no apoio existente, a instalación dun novo centro de transformación de intemperie de 50 kVA, unha nova liña aérea de media tensión que alimentará este último desde a liña de distribución de media tensión LMT BRT803 (IN407A 2016/2253-1), procedente da subestación Bértoa, e saídas soterradas e aéreas en baixa tensión, que os conectarán coa rede de baixa tensión existente na zona.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMT, CTI e RBT Seixas e ampliación potencia CT Piñeiros (15ATY0), asinado o día 22 de marzo de 2023 por Victoriano Gónzalez Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.980 de Vigo; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• Diario Oficial de Galicia: 21 de setembro de 2023.
• Boletín Oficial da provincia: 5 de setembro de 2023.
• Xornal La Voz de Galicia: 28 de setembro de 2023.
• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 2 de novembro de 2023.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Malpica de Bergantiños, Augas de Galicia, AXI e Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 3 de outubro de 2023 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial da Coruña é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG número 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación.
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE número 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE número 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE número 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE número 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE número 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE número 224, do 18 de setembro).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE número 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE número 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE número 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas.
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Seixas, concello de Malpica de Bergantiños, e as súas características técnicas son as seguintes:
• LMTA a 20 kV, de 81 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 9SQPPKIS//135 existente da LMT BRT803 (IN407A 2016/2253-1), procedente da subestación Bértoa, no que se instalará seccionador XS, e remate no apoio proxectado onde se vai instalar o CT2 proxectado. Novo apoio (AP1) intercalado na nova liña tipo C-1000/14.
• (CT1) Repotenciación do CT Piñeiros (15ATY0, IN407A 2002/288-1) de intemperie de 50 kVA con relación de transformación de 20.000/400-230 V, instalado en apoio nº A17UGN1H existente. Novo trafo de 100 kVA e retirada do existente.
• (CT2) CT no lugar de Seixas de intemperie, cunha potencia de 50 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, que se vai instalar no novo apoio (AP2) tipo C-2000/14.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar perante este departamento territorial unha solicitude, á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 15 de outubro de 2024
O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio; DOG número 101, do 27 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Malpica de Bergantiños
LMT, CTI e RBT Seixas e ampliación potencia CT Piñeiros (15ATY0)
|
Parcela do proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio |
LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
|
CT/Nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
Descoñecido |
15044A015012610000ET |
Chousa da Costa |
Novo apoio Pro-1 |
2 |
177 |
Rústico. Agrario. Matogueira |
|
|
2 |
Descoñecido |
15044A015000800000EJ |
Costa |
Novo apoio Pro-1 (CTI) |
2 |
149 |
Rústico. Agrario. Matogueira |
|
|
3 |
Descoñecido |
15044A015000370000EK |
Agro Rouco |
137 |
Rústico. Agrario. Matogueira |
|||
