DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 7 de novembro de 2024 Páx. 59187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Bueu (expediente IN407A 2023/387-4).

Expediente: IN407A 2023/387-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT Bon.

Concello: Bueu.

Feitos:

1. O 12 de xullo de 2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada LMT, CT Bon.

A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro técnico industrial Victoriano González Lemos, colexiado 2980 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e no que figura un orzamento total de 129.632,88 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións no lugar de Bon de Abaixo, na parroquia de Beluso, no concello de Bueu (Pontevedra):

– Instalación dun centro de transformación compacto rural fin de liña de 160 kVA, alimentado pola liña de media tensión CII817 a 20 kV, procedente da subestación Cangas 2, e que estará situado na parcela con referencia catastral 36004A019008460000QE.

– Liña de media tensión aérea de 134 metros entre dous apoios de celosía metálica proxectados: C-2000/14 e C-2000/18. Neste último instálanse un paso aéreo subterráneo e un interruptor telecontrolado.

– Liña de media tensión subterránea de 357 metros desde o apoio proxectado C-2000/18 ata o centro de transformación proxectado.

2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Bueu, Augas de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polo Concello de Bueu, por Augas de Galicia e polo Servizo do Patrimonio Cultural.

A Axencia Galega de Infraestruturas non emitiu o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 26 de decembro de 2023, publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 23 de xaneiro de 2024.

– Xornal Faro de Vigo: 16 de xaneiro de 2024.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Bueu, desde o 5 de xaneiro ata o 16 de febreiro de 2024, segundo o certificado emitido polo propio concello.

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

4. O 21 de novembro de 2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou o inicio da avaliación de impacto ambiental simplificada con base no Real decreto 445/2023, do 13 de xuño, que modificou os anexos I, II e III da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

5. O 7 de decembro de 2023, este departamento territorial solicitou á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, a tramitación do procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificada.

6. O 10 de maio de 2024, o Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos remitiu a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se formula o informe de impacto ambiental do proxecto LMT, CT e RBT en Bon, no que conclúe que non son previsibles efectos significativos sobre o ambiente e, polo tanto, non se considera necesario someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental ordinaria.

Consideracións legais e técnicas:

1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56 de 134 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9SC6JH4F//31 da LMTA CII817 e final no apoio proxectado C-2000/18, situado na parcela con referencia catastral 36004A020000010000QS, no cal se realiza un paso aéreo subterráneo (PAS) e se instala un interruptor telecontrolado.

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1 de 357 metros de lonxitude, con orixe no PAS no apoio proxectado C-2000/18 e final no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación a 160 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36004A019008460000QE, no lugar de Bon de Abaixo.

A instalación está situada en Bon de Abaixo, parroquia de Beluso, no concello de Bueu (Pontevedra).

Conforme ao indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMT, CT Bon, expediente IN407A 2023/387-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación, ante este departamento territorial, acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado dirección final de obra no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 16 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello de Bueu

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

m2

ml aér.

m2 aér.

1

Fabas

Urbano

36004A019008460000QE

Descoñecido/a

CT

22,30

2

Rego da Auga

Rústico

36004A020000010000QS

Descoñecido/a

1-2

4,00

134

2.127