DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 7 de novembro de 2024 Páx. 59193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT As Gándaras, nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/242-4).

A instalación denominada LMT, CT As Gándaras foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 15 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que os días 26 de novembro de 2024, no concello de Salvaterra de Miño, e 28 de novembro de 2024, no concello das Neves, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e nos taboleiros de edictos dos concellos indicados.

As persoas interesadas recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e infórmaselles que poderán ir acompañados por un perito ou por un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 29 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Vigo

ANEXO

LMT, CT As Gándaras.

Referencia catastral

Lugar

Persoa titular

Nº de apoio

m2 de solo

ml aérea

m2 aérea

ml sub.

m2 de subsolo

Concello

1

36050A068003230000PK

Bouza

Descoñecida

4

72

Salvaterra de Miño

2

36050A068003190000PO

Campo da Fonte

Descoñecida

1

2

19

328

Salvaterra de Miño

3

36050A068003200000PF

Campo da Fonte

Descoñecida

24

423

Salvaterra de Miño

4

36050A068600020000PS

Campo da Fonte

Descoñecida

30

523

Salvaterra de Miño

5

36034A074001280000HI

Sobreiro

Descoñecida

1

4

89

1512

13

33

As Neves

6

36034A073006260000HK

As Gándaras

Descoñecida

CT

15

9

27

As Neves