DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 7 de novembro de 2024 Páx. 59195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 24 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, de información pública da declaración de utilidade pública dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello da Pastoriza (expediente 2021/109-ATE).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, consonte o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a información pública da declaración de utilidade pública, afectadas pola instalación que se sinala no cadro anexo.

Lugo, 24 de outubro de 2024

O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Incremento dun circuíto na LAT132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira

Nº de parcela

Ref. catastral

Polígono

Parcela

Termo

municipal

Titular

Cultivo

Lonxitude

(m)

Superficie

afectada (m²)

114

27044F00200005

2

5

A Pastoriza

Fiscal Audiencia Provincial de Lugo

(Rpta. Gumersindo Castro Ledo)
Fiscal Audiencia Provincial de Lugo

(Rpta. hros. Lisardo Castro Ledo)

Prado/

Labradío

286