DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 7 de novembro de 2024 Páx. 59196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 24 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTA e substitución do apoio 9RGMC2G4 da LMT CBD804 As Sinas 4, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA e substitución do apoio 9RGMC2G4 da LMT CBD804 As Sinas 4, que figura no cadro anexo.

A interesada poderá presentar, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito en que acepte ou rexeite a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terá dereito a facer as alegacións que considere oportunas, empregando os métodos de valoración que xulgue máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que considere oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 24 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/304-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA e substitución do apoio 9RGMC2G4 da LMT CBD804 As Sinas, 4.

Concello: Vilanova de Arousa.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titular

1

36061A024000540000LM

Piz

Rosa Couso