DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 7 de novembro de 2024 Páx. 59197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 24 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTA substitución do apoio 9OJ2X3I6102 na VLG806 e ITC, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, substitución do apoio 9OJ2X3I6102 na VLG806 e ITC, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito no que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que consideren oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración, e así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 24 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/275-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA substitución do apoio 9OJ2X3I6102 na VLG806 e ITC.

Concello: O Grove.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titular

1

36022A009001530000EZ

Senra

Jacobo Garrido