DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 7 de novembro de 2024 Páx. 59177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 15 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2024/201-1).

Expediente: N407A 2024/201-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT O Anide.

Concello: Arteixo.

1. Características técnicas:

Proxéctase a instalación dun centro de transformación rural fin de liña 250 kVA/15 kV con envolvente prefabricada de formigón, alimentado pola liña de media tensión LAR-707 a 15 kV procedente da subestación A Laracha, que substituirá o actual CT O Anide (15CW22), que se atopa no interior dunha parcela sen acceso, e que se desmantelará e demolerá. Asemade, desmontarase a derivada actual ao dito CT O Anide.

O centro de transformación proxectado conectarase á rede mediante liña de media tensión soterrada a 15 kV, cunha lonxitude de 21 metros de condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm2 Al, baixo tubo, coa orixe no apoio existente A80CKRTN//32-2 e final no CT rural proxectado.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 15 de outubro de 2024

O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio;
DOG nº 101, do 27 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello de Arteixo (expediente IN407A 2024/201-1).

Nº parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Chousa do prado

15005A040000110000PO

Rústico/agrario

Manuel Velo Gantes

CT

38,94

2,5

7,42

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2

m2 sot.: superficie de servidume soterrada