De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a seguir se relaciona o trámite de audiencia no expediente sancionador por infracción na orde social, porque, intentada a notificación por vía electrónica e mediante o servizo de Correos, esta non se puido efectuar.
O interesado dispón dun prazo de oito días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar copia da documentación do expediente que considere oportuna, facilitando previamente a documentación acreditativa da representación legal que exerce na empresa ou presentarse debidamente acreditado, ante o Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, para os efectos de que poida formular novas alegacións á vista do expediente, que deberá presentar no prazo de tres días hábiles desde o envío, de ser o caso, da copia da documentación do expediente ou da data da súa comparecencia, e o expediente sancionador quedará visto para a proposta de resolución.
O expediente relacionado está á disposición do interesado no Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, sito na rolda da Muralla, 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Expediente: 2015/9 (acta: I272015000003859).
Data do trámite de audiencia: 26 de setembro de 2024.
Empresa: Óscar Javier Souto Míguez.
Enderezo: avenida da Constitución, 33, 1º esquerda, Boiro (A Coruña).
Lugo, 23 de outubro de 2024
Carmen José López Rodríguez
Directora territorial de Lugo
