O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 9 de setembro de 2024, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:
Nome do monte: Barazal.
Superficie: 36,53 ha.
Pertenza: veciños/as de San Fiz de Navío.
Parroquia: Navío (San Fiz) e (unha parte residual de) Osmo (San Fiz).
Concello: San Amaro e (unha parte residual de) Cenlle.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio único:
Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados pola estrada correspondente á R.C. 32075A09709002 (estrada provincial OU-0301, San Clodio-Cenlle) e mais polo camiño correspondente á R.C. 32075A09709011.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32026A00400121 (parte situada no TM de San Amaro) 32026A00400123 (parte situada no TM de San Amaro) 32075A09700103 32075A09700111 (parte situada no TM de San Amaro) 32075A09700112 (parte situada no TM de San Amaro) 32075A09700233 (parte situada no TM de San Amaro) |
Norte |
32075A09709010 32075A09700104 32075A09700105 32075A09700107 32075A09700109 32075A09700110 32075A09700170 32075A09700171 32075A09700172 32075A09700240 32075A09700191 |
|
32075A09700234 32075A09700247 32075A09709012 (parte situada no TM de San Amaro) 32075A09709013 |
32075A09700193 32075A09700209 32075A09700210 32075A09700239 32075A09700208 32075A09700205 32075A09700219 32075A09700220 32075A09700221 |
|
|
Leste |
32075A09700223 32075A09700227 32075A09700229 32075A09709001 32075A09700242 32075A09700245 32075A09700244 32075A09700246 32075A09709008 |
|
|
Sur |
32026A00409008 32075A09709002 32026A00400121 (parte situada no TM de Cenlle) 32075A09700233 (parte situada no TM de Cenlle) |
|
|
Oeste |
32075A09700112 (parte situada no TM de Cenlle) 32075A09709011 32026A00400123 (parte situada no TM de Cenlle) 2075A09709012 (parte situada no TM de Cenlle) 32075A09700111 (parte situada no TM de Cenlle) |
|
A práctica totalidade dos terreos solicitados están poboados por unha masa adulta continua de piñeiro do país procedente de rexenarado, predominando o bastío baixo e mais o fuste dentro das clases de idades observadas. Ademais, cómpre salientar a evidencia dunha mínima xestión forestal, demostrada na presenza xeneralizada, dentro da masa situada ladeira arriba da estrada OU-0301 (é dicir, nas R.C. 32026A00400121, 32075A09700111, 32075A09700112 e 32075A09700233), de rúas aperturadas mecanizadamente, ademais de na existencia dunhas 2 ha de piñeiral procedente de repoboación (situadas entre as R.C. 32075A09700111 e 32075A09700112).
Por outra parte, cómpre sinalar que aproximadamente a metade N da R.C. 32075A09700247 parece formar parte dun recinto pechado perimetralmente con postes e arame, dotado cun portalón metálico de acceso, e no cal estaría integrada ademais a parcela (non incluída nos terreos propostos) coa R.C. 32075A09700242. O dito recinto atópase a raso e aparentemente destinado ao almacenamento ao aire libre de material diverso sen determinar.
O que se pon en coñecemento de todos os interesados, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Ourense, 22 de outubro de 2024
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
