DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 7 de novembro de 2024 Páx. 59219

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Baltar

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral extraordinaria para a adaptación dos estatutos á lexislación vixente.

O que subscribe Juan Manuel Tomé Martínez, veciño do lugar de Baltar, parroquia de Xustáns (San Martiño), concello de Ponte Caldelas (Pontevedra), por medio deste anuncio convoco a xunta xeral extraordinaria todos os usuarios de augas, da Comunidade de Usuarios de Baltar, que se celebrará o 30 de novembro de 2024, ás 10.00 e ás 10.30 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, na Casa do Pobo de Baltar, coa seguinte:

Orde do día:

1.1. Adaptación dos estatutos da Comunidade, de acordo co disposto no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.

1.2. Rogos e preguntas.

Baltar-Ponte Caldelas (Pontevedra), 11 de outubro de 2024

Juan Manuel Tomé Martínez
Presidente da Comunidade de Usuarios de Baltar