O Pleno do Concello de Monterroso, na sesión do 30 de setembro de 2024, adoptou entre outros, os seguintes acordos:
Aprobar inicialmente a modificación puntual número 5 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Monterroso nos termos que constan no expediente.
A suspensión da tramitación e o outorgamento das seguintes licenzas nas áreas afectadas pola modificación:
A suspensión non afectará:
a) As obras de mantemento, conservación e reforma, salvo no caso de obras de rehabilitación integral que sexan equiparables á reconstrución total do edificio non xustificadas en razóns de urxencia ou que supoñan un aumento do volume edificado.
b) As licenzas de primeira ocupación.
c) Os proxectos que cumpran simultaneamente o instrumento de planeamento en vigor e a revisión ou modificación deste, sempre que esta fose aprobada inicialmente.
d) Os actos suxeitos ao trámite de comunicación previa, sempre e cando se trate de obras ou actos para a implantación de usos ou actividades autorizados polo novo planeamento.
A duración da suspensión será dun máximo de dous anos ou, en todo caso, ata a aprobación definitiva da modificación.
A modificación puntual número 5 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Monterroso afecta a normativa da ordenanza de solo non urbanizable de núcleos rurais existentes de carácter tradicional e foi redactada polos servizos técnicos municipais (expediente 367/2023).
De conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no seu regulamento de desenvolvemento, acordouse someter a modificación puntual á información pública durante un prazo de dous meses mediante o anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia de Lugo. No período de información pública, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán formularse alegacións.
O expediente poderá consultarse nas oficinas xerais do concello, das 8.30 ás 13.30 horas, de luns a venres (salvo festivos), e tamén a través do portal de transparencia da sede electrónica do Concello de Monterroso, na seguinte ligazón:
https://monterroso.sedelectronica.gal/transparency/3e588b2a-fd05-4807-a63e-c15499afc24a/
Monterroso, 14 de outubro de 2024
Eloy Pérez Sindín
Alcalde
