O Pleno do Concello de Cortegada, na súa sesión extraordinaria do 14 de outubro de 2024, acordou proceder á aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa por procedemento de taxación conxunta que se está tramitando para a execución do Plan especial termal, o cal establece, entre outros:
«Primeiro. Desestimar as seguintes alegacións: alegación nº 1 do 7.8.2024, Diana de Francisco Rey en beneficio propio e de Diego de Francisco Rey e de Carmen Rey López (predio nº 32), alegación nº 3 do 26.8.2024, Bienestar Hoteles y Resort, S.L., a través do seu representante Tomás Ares Güimil (predio nº 66 bis); alegación nº 4 do 26.8.2024 de María Divina Álvarez González (predio nº 98); alegación nº 5 do 5.9.2024 de María Celia Pérez de Castro (predio nº 12) e alegación nº 6 do 5.9.2024 de María Celia Pérez de Castro (predio nº 13).
Segundo. Estimar as seguintes alegacións: alegación nº 2 do 26.8.2024, Bienestar Hoteles y Resort, S.L., a través do seu representante Tomás Ares Güimil (predio nº 64); alegación nº 5 do 5.9.2024 de María Celia Pérez de Castro (predio nº 12); alegación nº 6 do 5.9.2024 de María Celia Pérez de Castro (predio nº 13); e alegación nº 7 do 26.8.2024, Hotel Balneario de Cortegada, S.L. (predios nº 63, 64 e 65).
Polos motivos expresados no informe dos servizos técnicos do 9 de outubro de 2024, do que se remitirá copia aos interesados xunto coa notificación deste acordo e, en consecuencia, introducir no expediente das modificacións indicadas nese informe.
Terceiro. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación por procedemento de taxación conxunta que se está tramitando no Concello de Cortegada (Ourense).
Cuarto. Notificar este acordo aos interesados propietarios e titulares de bens e dereitos que figuran no expediente, e confírenselles un termo de vinte (20) días durante o cal poderán manifestar por escrito a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado. Se os interesados non formulan oposición á valoración no citado prazo de vinte días, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose o prezo xusto definitivamente e de conformidade.
…».
Publicarase este anuncio no BOE, no DOG e na sede electrónica do Concello de Cortegada, o que servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada esta non se puidese efectuar. O cómputo do prazo de vinte días para estes interesados comezará desde o día seguinte ao da referida publicación no BOE. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O proxecto pode ser examinado nas dependencias municipais, así como na sede electrónica deste concello https://cortegada.sedelectronica.es/
Cortegada, 15 de outubro de 2024
Avelino Luis de Francisco Martínez
Alcalde
