A Xunta de Goberno Local en sesión do 1.10.2024 adoptou acordo de aprobación inicial do estudo de detalle relativo á ordenación de volumes do conxunto edificatorio formado por dous edificios catalogados polo PXOM de Bueu (B-50 e B-51 do Catálogo), ao abeiro do establecido no artigo 136.3.b) do PXOM, para poder levar a cabo actuacións de ampliación das edificacións para uso de vivenda, sitas na avenida de Montero Ríos, nº 115 e 117, en Bueu, promovido por instancia de interesado. Referencia catastral dos inmobles afectados dentro do ámbito 7862015NG1876S0001AY.
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e sométese a información pública polo prazo de un mes, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.
Para estes efectos, o documento do estudo de detalle estará dispoñible na páxina web do Concello de Bueu (https://concellodebueu.gal/), así como no seu portal de transparencia, e quedará, así mesmo, á disposición do público en xeral, no Departamento de Urbanismo do Concello, rúa Eduardo Vincenti, núm. 8, 36930 Bueu, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Bueu, 8 de outubro de 2024
Félix Juncal Novas
Alcalde
