DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 8 de novembro de 2024 Páx. 59386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 23 de outubro de 2024, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no proceso de selección de persoas adxudicatarias para vivendas de protección oficial de promoción pública, en segundas adxudicacións, vacantes no concello de Santiago de Compostela, iniciado pola Resolución do 17 de abril de 2024.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia no proceso de selección de persoas adxudicatarias para vivendas de protección oficial de promoción pública, en segundas adxudicacións, vacantes no concello de Santiago de Compostela, iniciado pola Resolución do 17 de abril de 2024.

O acto foi adoptado polo secretario da Comisión Provincial de Vivenda do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 23 de outubro de 2024

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

86043

33300140G

Trámite de audiencia

106611

33295539A

Requirimento de documentación