DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 8 de novembro de 2024 Páx. 59279

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, pola que se anuncia a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Asociación de Familiares de Alcohólicos de Galicia e da Asociación Oficina Central de Servicios Área 1 (Alcohólicos Anónimos).

De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018 pola que se regula a composición e o réxime xurídico de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, anúnciase a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria da Coruña e Cee das seguintes asociacións:

Afalga

Asociación de Familiares Alcohólicos de Galicia

Asociación Oficina Central de Servicios Área 1 (Alcohólicos Anónimos)

A Coruña, 30 de outubro de 2024

Luis Verde Remeseiro
Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee