En sesión que tivo lugar o 28 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de setembro de 2024 (DOG núm.191, do 3 de outubro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo), acorda, de conformidade co disposto na base II.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, terá lugar o día 17 de novembro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no pavillón 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se poden levar móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2024
Antía Tuñas Caamaño
Presidenta do tribunal
