DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 8 de novembro de 2024 Páx. 59282

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de orientación laboral, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 28 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de setembro de 2024 (DOG núm. 191, do 3 de outubro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de orientación laboral, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo), acorda, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, terá lugar o día 17 de novembro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no pavillón 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se poden levar móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2024

Ana María Freire Rego
Presidenta do tribunal