En sesión que tivo lugar o 28 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 27 de setembro de 2024 (DOG núm. 191, do 3 de outubro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 16 de novembro de 2024, ás 15.30 horas, no pavillón 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se poden levar móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2024
Verónica Tellado Barcia
Presidenta do tribunal
