DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 8 de novembro de 2024 Páx. 59300

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica auxiliar de informática, convocado mediante a Resolución do 21 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 22 de decembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 30 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio), para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica auxiliar de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 (DOG núm. 244, do 22 de decembro), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria

ACORDOU:

Primeiro. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas, con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Atendendo ás razóns de urxencia que concorren nos procesos de estabilización da Lei 20/2021 e tendo en conta que a convocatoria do presente proceso selectivo é anterior á dita lei, cómpre adoptar as medidas necesarias para axilizar os trámites que permitan realizar previamente a elección de destino das persoas que superaron este proceso, polo que, conforme o disposto no artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se acorda aplicar o procedemento de tramitación de urxencia, polo cal se reduce á metade o prazo establecido na base IV.2 da convocatoria de vinte (20) días hábiles; por tanto, este será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2024

Alfonso Pereira Martínez
Presidente do tribunal

ANEXO

Núm. orde elección de destino

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota 1º exercicio

Nota 2º exercicio

Fase de concurso

Total

1

***4511**

Diz Diéguez, Alfonso

PI

35,14

Exento/a

39,00

74,14

2

***8415**

Díaz Caamaño, Roberto

PI

40,44

Exento/a

13,10

53,54

3

***7146**

Bahamonde Amor, Javier

Acceso libre

36,37

Exento/a

40,00

76,37

4

***1054**

Gómez Sánchez, Darío Román

Acceso libre

36,12

Exento/a

40,00

76,12

5

***0300**

Iglesias Paz, Jaime Eduardo

Acceso libre

37,50

Exento/a

37,32

74,82

6

***1950**

Sueiras Pascual, Santiago

Acceso libre

38,25

Exento/a

35,40

73,65

7

***3155**

Iglesias Santomé, Ángel Enrique

Acceso libre

33,37

Exento/a

38,30

71,67

8

***9756**

Díaz Real, Roi

Acceso libre

33,12

Exento/a

37,35

70,47

9

***7765**

Outeiral Barbazán, Agustín

Acceso libre

36,12

Apto

25,60

61,72

10

***3241**

Silva Domínguez, María Isabel

Acceso libre

40,25

Exento/a

18,68

58,93

11

***1211**

Laya Picado, José María

Acceso libre

43,37

Exento/a

15,20

58,57

12

***5015**

Solla Araujo, Alberto

Acceso libre

35,37

Exento/a

16,28

51,65

13

***8785**

Meis Vallejo, Manuel

Acceso libre

38,50

Exento/a

10,90

49,40

14

***7608**

Fojo Dopico, Roberto

Acceso libre

37,87

Exento/a

9,88

47,75

15

***2836**

Villa Vieiro, Pablo Alberto

Acceso libre

39,62

Exento/a

7,98

47,60

16

***0035**

Pita Blanco, Juan

Acceso libre

35,12

Exento/a

12,38

47,50

17

***3874**

De la Iglesia Rodríguez, Darío

Acceso libre

41,87

Exento/a

4,88

46,75