De conformidade co artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, o prazo de presentación de solicitudes para formar parte das listas iníciase anualmente o 1 de marzo e remata o 30 de abril.
Unha vez finalizado o dito prazo foron examinadas as instancias presentadas coa finalidade de comprobar a concorrencia dos requisitos exixidos e valorar os méritos alegados polas persoas interesadas.
Concluídos os anteriores traballos, elaboradas e aprobadas as listaxes correspondentes, a Comisión Permanente, de acordo co establecido no artigo 4 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, acordou elevar á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co establecido no artigo 11 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Facer públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos e escalas que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño temporal de postos reservados a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.
Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratación> e no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012.
Nas devanditas listas figura a seguinte información:
– Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 e 9.bis do Decreto 37/2006.
– Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.
Terceiro. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
As persoas integrantes das listas que na súa solicitude de inclusión autorizasen expresamente a consulta dalgúns datos pola Administración e que figurasen excluídas nestas listas provisionais por causas relacionadas coa imposibilidade material da obtención dos ditos datos deberán achegar, para acreditar o cumprimento dos requisitos exixidos, no indicado prazo de dez días concedido para formular reclamación contra as listas provisionais, copia auténtica da documentación respecto á cal non foi posible obter datos ao realizar a consulta.
As persoas que solicitaron a inclusión electronicamente a través de fides.xunta.gal, para realizar as alegacións que consideren oportunas, deberán acceder a fides.xunta.gal, onde se lles permitirá xerar un documento para remitir a través dun rexistro presencial a documentación que deba presentarse e que non sexa copia auténtica ou non for posible comprobala automaticamente. Só se admitirán as alegacións que se realicen por medio desta aplicación informática para as solicitudes que se presentaron a través de fides.xunta.gal
Xunto coas ditas reclamacións, achegarase, de ser o caso:
– Documentación precisa para emendar a causa de exclusión.
– Certificación de servizos prestados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, no mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, nos termos previstos nos artigos 9.b) e 9.bis.a.)1 do Decreto 37/2006, segundo o modelo que figura como anexo III desta resolución. A certificación será expedida polas unidades seguintes:
– Servizos centrais:
Secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva ou do ente público instrumental onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.
– Servizos periféricos:
Directores/as territoriais ou funcionarios/as responsables da área de persoal dos departamentos territoriais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.
– Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo IV desta resolución e deberá ser asinada polo/a secretario/a do concello.
– Certificación de servizos prestados nas demais entidades públicas instrumentais do sector público autonómico na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo V desta resolución e deberá ser asinada polo/a órgano da entidade equivalente ao/á secretario/a xeral técnico/a con competencia en materia de persoal.
No suposto de que algunha das persoas solicitantes provisionalmente excluída non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión, quedará definitivamente excluída.
Cuarto. A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, tanto as persoas solicitantes provisionalmente admitidas como as provisionalmente excluídas poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos, de conformidade co establecido no artigo 15.2 do Decreto 37/2006.
O modelo de solicitude encóntrase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratación>.
Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a efecto as emendas procedentes, e daráselles publicidade ás listas definitivas no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2024
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)
|
Grupo |
Corpo/ Escala |
Denominación |
|
A1 |
205G |
Escala de sistemas e tecnoloxía da información |
|
A1 |
2060 |
Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
A1 |
2061 |
Escala de arquitectos |
|
A1 |
2062 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de camiños, canais e portos |
|
A1 |
2064 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría industrial |
|
A1 |
2065 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de minas |
|
A1 |
2066 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de montes |
|
A1 |
2067 |
Escala de veterinarios |
|
A1 |
2068 |
Escala de ciencias. Especialidade Bioloxía |
|
A1 |
2069 |
Escala de ciencias. Especialidade Química |
|
A1 |
206K |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Arquivos |
|
A1 |
206L |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Bibliotecas |
|
A1 |
206M |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Museos |
|
A1 |
2072 |
Escala de arqueólogos |
|
A1 |
2080 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de telecomunicación |
|
A1 |
2086 |
Escala superior de finanzas |
|
A1 |
208F |
Escala de facultativos. Especialidade Medicina |
|
A1 |
208G |
Escala de facultativos. Especialidade Psicoloxía |
|
A1 |
208H |
Escala de facultativos. Especialidade Pedagoxía |
|
A1 |
2093-03 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima |
|
A1 |
2093-04 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira |
|
A1 |
2093-05 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo |
|
A1 |
2093-06 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica |
|
A1 |
2093-07 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas |
|
A1 |
2093-08 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en comunicacións |
|
A1 |
2093-09 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas |
|
A1 |
2093-10 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios |
|
A1 |
2093-11 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral |
|
A1 |
210A |
Escala de inspección urbanística |
|
A2 |
2051 |
Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
A2 |
2052 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica forestal |
|
A2 |
205F |
Escala técnica de finanzas |
|
A2 |
205H |
Escala de xestión de sistemas de informática |
|
A2 |
206I |
Escala de inspección turística |
|
A2 |
206N |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Arquivos |
|
A2 |
206P |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Bibliotecas |
|
A2 |
206Q |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Museos |
|
A2 |
206X |
Escala de inspectoras e inspectores de consumo |
|
A2 |
2073 |
Escala de arquitectos técnicos |
|
A2 |
2074 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica de obras públicas |
|
A2 |
2075 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica industrial |
|
A2 |
2077 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica agrícola |
|
A2 |
2079 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica de minas |
|
A2 |
2085 |
Escala técnica de estatísticos |
|
A2 |
2094-02 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción |
|
A2 |
2094-03 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque |
|
A2 |
208A |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Enfermaría |
|
A2 |
208B |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Fisioterapia |
|
A2 |
208C |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Educadores |
|
A2 |
208D |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Terapia ocupacional |
|
A2 |
208E |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Traballo social |
|
A2 |
210B |
Escala de subinspección urbanística |
|
B |
208J |
Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade xardín de infancia |
|
C1 |
2053 |
Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
C1 |
205I |
Escala técnica auxiliar de informática |
|
C1 |
207C-02 |
Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia |
|
C1 |
207H |
Escala de axentes facultativos ambientais (para extinguir) |
|
C1 |
207V |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Patrón. |
|
C1 |
207W |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Mecánico. |
|
C1 |
2081 |
Escala de delineantes (para extinguir) |
|
C2 |
2059 |
Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
C2 |
20A3 |
Escala de auxiliares de clínica |
|
2055 |
Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal subalterno |
|
|
209R |
Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais. Especialidade Persoal de limpeza e cociña. |
ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)
|
Grupo |
Categoría |
Denominación |
|
I |
032 |
Técnico/a superior en centros de arte |
|
II |
005 |
Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas |
|
II |
008 |
Director/a de gardaría infantil |
|
II |
031 |
Restaurador/a |
|
II |
038 |
Perito/a-xudicial diplomado/a |
|
II |
040 |
Mestre/a especialista en educación infantil |
|
III |
006 |
Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios |
|
III |
011 |
Encargado/a agrario/a |
|
III |
012 |
Mestre/a de taller |
|
III |
014 |
Xefe/a de cociña |
|
III |
017 |
Analista de laboratorio |
|
III |
023 |
Celador/a de estradas. Capataz de brigada |
|
III |
034 |
Especialista de oficios (debuxante) |
|
III |
036 |
Experto/a audiovisuais |
|
III |
037 |
Técnico/a de son |
|
III |
045 |
Técnico/a de luces |
|
III |
052 |
Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza |
|
III |
063 |
Oficial 1ª condutor/a. Condutores/as 1ª. Condutores/as altos cargos. Condutor/a mecánico/a |
|
III |
064 |
Oficial 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada |
|
III |
065 |
Oficial 1ª cociña. Oficial 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª |
|
III |
066 |
Axudante/a taller. Adxunto/a taller |
|
III |
068 |
Oficial/a 1ª agrario, capataz agrario |
|
III |
069 |
Oficial/a servizos técnicos. Oficial 1ª mantemento. Oficial 1ª oficios varios. Oficial de primeira |
|
III |
090 |
Animador/a sociocultural |
|
III |
097 |
Auxiliar de son |
|
III |
101 |
Proxeccionista |
|
III |
103 |
Entrevistador/a-enquisador/a |
|
III |
104 |
Intérprete de linguaxe de signos |
|
IV |
002 |
Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras |
|
IV |
004 |
Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado |
|
IV |
005 |
Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª |
|
IV |
006 |
Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento |
|
IV |
007 |
Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación |
|
IV |
009 |
Oficial/a 2ª agrario/a |
|
IV |
011 |
Auxiliar de laboratorio |
|
IV |
016 |
Condutor/a |
|
IV |
020 |
Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza) |
|
IV |
021 |
Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría |
|
IV |
024 |
Xastre/a |
|
IV |
034 |
Axudante/a restauración e proxección cinematográfica |
|
IV |
035 |
Auxiliar de arquivos e bibliotecas |
|
IV |
036 |
Auxiliar de museos |
|
IV |
039 |
Auxiliar de autopsia |
|
V |
003-02 |
Resolución 26.6./2018 (DOG núm. 122, do 27.6.2018). Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado |
|
V |
008 |
Peón/oa agrario/a |
|
V |
009 |
Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais |
|
V |
10D |
Socorrista |
|
V |
10F |
Peón/oa forestal |
Grupos e categorías do persoal laboral
dos servizos de prevención e defensa
contra incendios forestais
|
Grupo |
Categoría |
Denominación |
|
I |
038 |
Técnico/a superior defensa contra incendios forestais |
|
II |
039 |
Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais |
|
III |
100 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
|
IV |
032 |
Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais |
|
IV |
033 |
Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba |
|
IV |
037 |
Oficial/a 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais |
|
V |
10A |
Vixilante móbil defensa contra incendios forestais |
|
V |
10B |
Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais |
|
V |
10C |
Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios |
|
V |
014 |
Bombeiro/a forestal |
|
V |
14A |
Bombeiro/a forestal condutor/a |
