Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas pola directora xeral de Mobilidade nos expedientes sancionadores número LU-01802-O-2023 e dous máis, instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópanse á disposición das persoas interesadas na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024
Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF persoa sancionada |
Infracción cometida Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
|
LU-01802-O-2023 7045-LDZ |
X8895956Q |
Exceso de peso igual ou superior ao 25 %. 13.7.2023; 3.28.00; N-6; 543,808 |
Art. 140.23 da LOTT Art. 197.26 do ROTT |
Art. 143.1.c) da LOTT Art. 201.h) do ROTT Art. 143.1 da LOTT |
2.001 euros |
|
PO-03132-O-2023 LE-6283-AB |
34981733K |
A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos. 30.3.2023; 18.41.00; A-52; 290,099 |
Art. 140.34 da LOTT Art. 197.39 do ROTT |
Art. 143.1.g) da LOTT |
1.001 euros |
|
PO-03851-O-2023 4632-HFZ |
X7175792E |
A realización de transportes de mercadorías incumprindo as condicións establecidas no artigo 54 da LOTT. 19.5.2023; 13.48.00; AP-9; 137,683 |
Art. 140.32 da LOTT Art. 197.37 do ROTT |
Art. 201.1.g) do ROTT Art. 143.1 da LOTT |
1.001 euros |
