De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 24 de outubro de 2024 do proxecto de ampliación de explotación de vacún de leite na parroquia de Lamas, no concello de Boqueixón (A Coruña), promovido por Candesa SAT.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2024
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
