DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 8 de novembro de 2024 Páx. 59329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ACORDO do 25 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se lle dá publicidade ao inicio dos expedientes de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a dar publicidade á parte substantiva do acordo adoptado polo xefe territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na Coruña:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que, consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º, da Coruña.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Planificación e Xestión Educativa do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo este en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente.

No mesmo prazo poderá solicitar na súa Delegación do Ministerio de Economía y Facenda o aprazamento ou fraccionamento do pagamento. Neste último caso, a solicitude de aprazamento considerarase un recoñecemento da débeda».

A Coruña, 25 de outubro de 2024

Indalecio Cabana Leira
Director territorial da Coruña

ANEXO

NIF: ***1564**.

Importe: 3.012,17 euros.

Curso: 2022/23.

Causa: 1.10.

NIF: ***3817**.

Importe: 810 euros.

Curso: 2022/23.

Causa: 1.10.