DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2024 Páx. 59577

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 23 de outubro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, polo que se comunica a publicación da convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de libre designación, dun posto de xefatura de servizo, persoal de xestión e servizos, na Área de Expediente Electrónico, Atención ao/á Profesional e Tramitación Administrativa, adscrito á Dirección de Recursos Humanos.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), e da Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencia en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, un posto de xefatura de servizo, persoal xestión e servizos, na Área de Expediente Electrónico, Atención ao/á Profesional e Tramitación Administrativa adscrito á Dirección de Recursos Humanos, que se relaciona no anexo.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde anual, pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, nº 2, de Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 15 días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Área de dirección e na intranet da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Pontevedra, 23 de outubro de 2024

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Postos:

Denominación do posto

Prazas

Adscrición

Procedemento

de provisión

Xefatura de servizo, persoal de xestión e servizos, na Área de Expediente Electrónico, Atención ao/á Profesional e Tramitación Administrativa

1

Dirección de Recursos Humanos-Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Libre designación